martes, 28 de novembro de 2017

Misión 1914: O Pergamiño Vindel

Para elaborar o informe da que será a vosa tapadeira durante a vosa misión deberedes seguir as seguintes instrucións:
  • O informe debe estar escrito en folios brancos por unha soa cara e baixo os que podedes por unha plantilla mentres o escribides.
  • Debe estar todo el escrito a bolígrafo; estando as preguntas nunha cor e as vosas respostas a outra.
  • As respostas deben ser o máis longas posibles, formando pequenas redaccións nas que utilicedes toda a información que recollechedes durante a investigación.
  • Como portada utilizaredes o papel que vos entreguei sobre as personaxes. Alí deberedes escribir o voso nome, apelidos e curso.
  • No fin do informe deberedes entregar unha pequena bibliografía, é dicir, a listaxe de libros ou páxinas web que consultáchedes para facer o traballo.
  • Se queres e consideras que pode ser interesante inclúe algunha ilustración ou debuxo sobre a túa personaxe, o lugar no que vivía ou como vestía.
Boa sorte!
E non vos esquezades que se tedes algunha dúbida
aquí estou eu para axudar

xoves, 16 de novembro de 2017

Interesante e inquietante noticia hoxe no xornal



Parece que nun planeta a 11 millóns de anos luz podería existir vida ... xa no estamos so na galaxia!
Para saberes máis: clica aquí

luns, 6 de novembro de 2017