luns, 22 de maio de 2017

3ESO Calendario de Exames Finais 2017


Estamos a punto de rematar este curso 2016-2017 pero aínda nos queda un último esforzo en forma de exames e traballos varios. É importante que vos organicedes e non deixedes todo para o final; é por iso que vos resumo nesta entrada o que nos queda por facer na materia de Ciencias Sociais:
 . Presentación de traballos do Barroco: Ao longo das próximas semanas teredes que ir presentando os traballos sobre as distintas obras de arte barroca. ë moi importante que vos esforcedes posto que o traballo e maila a exposición constitúen dúas nota independentes.
. Exame do 5 Xuño: hai que estudar os 4 primeiros puntos do Tema 2: A organización económica das sociedades. Estes contidos iranse explicando en clase nas próximas dúas semanas e se clicades aqui poderedevos descarregar as preguntas do tema.
. Exame do 16 de Xuño: Tratarase dun exame final no que aqueles alumnos que teñan suspensa algunha avaliación terán unha nova oportunidade para recuperar a materia mentres que aqueles alumnos que teñan aprobada a materia simplemente terán que facer un exercicio axudados co libro e os apuntamentos do curso.
Finalmente, decirvos, se vos serve de consuelo, que eu tamen estou estresada posto que todo o que vos queda por facer é traballo que me queda a min para corrixir.
Alea jacta est!

Ningún comentario:

Publicar un comentario