luns, 1 de maio de 2017

4ESO British Week



Na miña ausencia, o proxecto que vos propoño é a realización dunha pequena investigación sobre algúns dos máis importantes estilos artísticos desde o século XVIII ata o século XX. Cada un de vós ten asignado un estilo  (ver Edmodo) sobre o que deberedes buscar información para sinalar as súas características e despois comentar algunha das súas obras máis destacables.
O traballo contará de dúas partes: unha escrita que se entregará segúndo os criterios de presentación sinalados no blog da materia e outra oral que se exporá na aula no mes de xuño.
Aquí tedes un listado de materiais que vos poden axudar a na elaboración do traballo: os apuntamentos de arte barroca de Edmodo, o voso libro de texto, a wikipedia ...


Ningún comentario:

Publicar un comentario