xoves, 23 de febreiro de 2017

luns, 20 de febreiro de 2017

Aventuras Mitolóxicas


Se queredes leer unha novela na que se combinan aventuras, campamentos, amizade e mitoloxía clásica aqui tedes as series de Percy Jacson. Unha boa maneira de aprender mitoloxía sen facer nengún esforzo e pasando un bo tempo. Ah! e para os que non vos gusta ler: xa hai película das dúas primeiras entregas.
Para saberes máis de Percy Jackson e o seu autor Rick Riordan: pincha aquí.

3ESO O absolutismo


No século XVII desenvolveuse en toda Europa unha nova forma de goberno coñecida co nome de absolutismo que ten o seu máximo exponente no reu francés: Luís XIV, tamén coñecido como Rei Sol.

venres, 17 de febreiro de 2017

1ESO Para repasares Arte Grego

Aquí tedes unha chea de links cos que poderedes repasar Arte Grega dun xeito moi divertido:

4ESO Arte do século XX. A Bahaus


A Bahaus foi unha escola de arte e arquitectura de vangarda que funcionou entre 1919 e 1933 en Alemaña. Foi unha das maiores e máis orixinais expresións do Modernismo en Arquitectura e unha das primeiras escolas de deseño do mundo. Sen embargo, a chegada ao poder do Partido Nazi propiciou o seu peche.
Para saber sobre o seu legado: Clica Aquí
Para ver máis fotos: Clica Aquí

mércores, 1 de febreiro de 2017

2ESO Gremio

Gremio: asociación de artesáns e comerciantes dun mesmo oficio que polo xeral se agrupan en rúas que recibían o nome da súa actividade e que tiña como obxectivo protexerse da competencia dos artesáns doutros lugares e para supervisar a produción.

Dentro do gremio existía unha organización xerárquica moi ríxida: en primeiro lugar tíñase que ser aprendiz, tras uns anos pasábase a oficial e, finalmente, a mestre artesán, que xa podía ter o seu propio obradoiro.

O gremio preocupábase de manter o cumprimento dunha serie de normas: ninguén podía realizar o seu oficio nunha cidade sen o seu permiso, e todos os artesáns debían traballar as mesmas horas e utilizar o mesmo tipo de ferramentas. Ademais, controlaba a cantidade e calidade dos artigos que se producían e fixaba o seu prezo final.

O traballo realizábase en pequenos obradoiros, que tiñan como propietario ao mestre artesán, quen dispoñía das súas propias ferramentas. O artesáns habitaba unha casas que era ao mesmo tempo obradoiro e vivenda, e que se abría ao exterior para expoñer os seus produtos e vendelos.

Para descargar o textoClica Aqui