domingo, 23 de outubro de 2016

1ESO Megalitos


Stonehedge é un cromlech de principios da Idade dos Metais situado cerca de Amesbury en Inglaterra. Está composto porunha serie de pedras organizadas en catro círculos concéntricos; situándose sobre algunhas delas outra rocha a modo de dintel.
Pouco sabemos sobre a súa función; pero excavacións recentes suxiren que Stonehedge formaría parte dun conxunto relixioso/ritual moito máis amplo.
Para saberes máisclica aquí

venres, 21 de outubro de 2016

2ESO Sociedade de Al-Andalus


Aquí tedes un pequeno debuxo que da boa conta dos grupos sociais que constituían a sociedade andalusí.
Cada un deles tiña as súas características propias e incluso vivían nunha parte ben diferenciada da cidade.
Sen embargo, lembrade que para o exame non chegan os debuxos e que é necesaria a explicación por medio das palabras das características da sociedade.

4ESO A Revolución Francesa



E agora pasamos aos grandes procesos de cambio do século XIX: a Revolución Francesa, as revolu-cións de 1830 e 1848 e a separación e unificación dalgúns países.
Pero ante todo é moi importante que teñades claro o seguinte vocabulario: Constitución Americana, Burguesía, Dereito Inalienable, Soberanía, Terceiro Estado, Estados Xerais, Asamblea Nacional, Constitución, Gran Medo, Monarquía Constitucional, Asamblea Constituínte, Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, Constitución de 1791, Asamble Lexislativa, sufraxio universal, sufraxio censitario, Garda Nacional, Desamortización, Fuga de Varennes, Sans-cullottes, xirondinos, xacobinos, Convención Nacional, Constitución de 1793, Comité de Salvación Pública, O Terro, soberanía popular, Constitución francesa de 1795, Directorio, Consulado, Batalla de Austerlitz, Batalla de Waterloo, Congreso de Viena, Restauración, Sta. Alianza, liberalismo, nacionalismo, nación, democracia e zolverein.

Descarga de Apuntamentos, dúbidas e demáis na Plataforma Edmodo

venres, 14 de outubro de 2016

3ESO O Renacemento

David de Miguel Anxo
Academia de Florencia


Aquí tedes os enlaces que vos van permitir estudar mellor este tema:
   .  Banco de Imaxes
   . Apuntamentos

mércores, 12 de outubro de 2016


Hoxe fai 524 anos que Cristóbal Colon chegaba as Indias navegando cara o oeste. Sen embargo, el nunca soubo que  as terras as que chegara eran un novo continente.

martes, 11 de outubro de 2016

2ESO O islam e a súa expansión


1ESO Paleolítico versus Neolítico



Aquí vos deixo un esquema co que facilmente poderedes analizar as diferenzas que existen entre o Paleolítico e o Neolítico.

1ESO Venus Paleolíticas

Reproducción feita pola Familia Llovo

As venus paleolíticas son pequenas figuras talladas en óso, hasta, marfil, pedra ou terracota que representan unha figura de muller de rostro imperciso e cunha forte esaxeración das partes do corpo relacionad coa maternidade. É por iso que os historiadores e arqueólogos cren que debía formar parte dalgún culto á fertilidade.  

luns, 10 de outubro de 2016

3ESO O Renacemento

O nacemento de Venus de Botticelli



Empezamos xa cun novo tema O Renacemento. Preparádevos para gozar ao máximo da arte deste período, para deslumbrarvos coa obra de Miguel Anxo ou Leonardo e para aprender un montón de cousas novas.
Para descargar apuntamentos clica aquí
Para aprender a facer un comentario de Arte: Clica Aquí
Para descargar imaxenes optativas:
   . Arquitectura
   . Escultura
 . Pintura

sábado, 8 de outubro de 2016

4ESO Comentario de Texto. Tratado de Utrecht


Como para aprender a facer comentarios históricos o mellor é facelos, imos comezar da mellor maneira posible: comentando o Tratado de Utrecht.
O primeiro que debedes facer é ler o texto do tratado (que podes descargar aquí) todas as veces que sexa necesario e despois suliñar no texto aquelas partes que consideres máis importantes.
Despois, seguindo o esquema de comentario de texto histórico que te podes descargar aqui, tes que facer:
   . unha Clasificación do texto
   . unha Análise do texto
   . e un comentario no que relaciones o texto co período histórico do que se fala no mesmo. 
Este vai ser o voso primeiro comentario sen nengunha guía pero é moi importante que procuredes esforzarvos ao máximo á hora de facelo dada a importancia que van ter este tipo de exercicios no voso futuro.

Data de entrega do Comentario: 19 Outubro 2016

mércores, 5 de outubro de 2016

1ESO Documental


Se queredes mellorar os vosos coñecementos sobre os primeiros homínidos ao departamento de Xeografía e Historia gustaríanos recomendarvos o visionado deste documental no que nos explican dun xeito sinxelo a evolución dos ser humano desde os primeiros homínidos ata o home actual. Unha vez que teñades visto o documental podedes completar a seguinte ficha que vos podedes descargar aquí.
Xa que o mércores 12 de outubro non imos ter clase debédelo aproveitar para ver este documental no que nos contan a evolución do ser humano dun xeito moi entretido.
A data de entrega do traballo será o  17 de Outubro do 2016

martes, 4 de outubro de 2016

2ESO Arte Bizantino

Representación de Cristo, o Emperador Xustiniano e Zoe.
A arquitectura bizantina caracterízase pola decoración en mosaico. Aquí tedes un bo exemplo dun deses mosaicos procedente de Santa Sofia de Estambul.
Pero se queredes seguir gozando de exemplos de arte bizantina non deixedes de visitar, aínda que sexa de forma virtual:

1ESO O clan do oso cavernario




Un terremoto destrúe o campamento no que vivía Ayla, unha cría de Cromagnon de cinco anos. Está soa e indefensa ata que atopa ao Clan do Osos Cavernario, formado por homes de Neanderthal ........

sábado, 1 de outubro de 2016

Voto feminino


Hoxe fai 85 anos  que as mulleres obtiveron o dereito ao voto en España. E foi unha muller, Clara Campoamor, a encargada de defendelo. Aqui tes un enlace ao texto íntegro do seu discurso fronte as Cortes e se queres saber máis xa sabes clica aquí.


Gaudete romani! Hodie incipit mensis october!
Hoxe comeza Outubro, chamado así por ser o oitavo mes do calendario romano