mércores, 24 de febreiro de 2016

ABALAR e a Historia

Para poder empezar a traballar cos ordenadores ABALAR o primeiro que tedes que facer é ter paciencia e seguir as seguintes instruccións: 
1. Descarga os seguintes arquivos e gravaos na túa carpeta de sociais:
         ABALAR Antigo Exipto
         ABALAR-Arte Grega 
2. Logo debes ir á carpeta de programas e abrir un programa chamado Xournal, que vos permite convertir o ordenador nunha especie de tablet sobre a que se pode escribir.

3. Despois dentro do Xournal, ir á pestana file/arquivo e clicar en Annotar un PDF e buscar na carpeta de Sociais o arquivo que descargaches antes, neste caso será o de arte exipcia.

4. Empezar a completar as actividades propostas utilizando as ferramentas de escritura que vos ofrece o Xournal. Lembrade que podedes utilizar o libro e a libreta.

5. Como nunha clase non vos vai dar tempo a rematar o traballo é MOI IMPORTANTE que gravedes o que levades feito. Para eso, hai que ir a pestan file/arquivo e clicar en save as/gardar como e porlle ao arquivo o voso nome e aseguradevos que o gardades na vosa carpeta.

6. Cando acabedes o traballo tedes que mandarmo feito ao seguinte mail noemisociais@gmail.com

venres, 12 de febreiro de 2016

Os nosos super heroes/heroínas

Sempre imaxinamos aos heroes e heroínas como seres con capa, músculos e super poderes. Sen dúbida, unha idea moi lonxe da realidade. Os verdadeiros heroes son aquelas persoas que por calqueira razón deciden esquecerse un pouco deles mesmos e loitar polo que creen.
Entre estes homes e mulleres hai cooperantes, médicos, políticos, xornalistas, relixiosos, investigadores, profesores, científicos, alumnos, avogados, revolucionarios, físicos, pensadores, parados, mineiros ... 
Homes e mulleres con ideas e crenzas moi diferentes pero todos cun obxectivo común: facer do mundo en que vivimos un lugar mellor.
Nesta avaliación imos pensar un pouco nestes pequenos heroes e heroínas e imos adicar o noso esforzo a descubrir ou redescubrir a algúns deles.
Veñen a miña cabeza moitos nomes como os de; Silvia Pankhurst, M. Patarroyo, Chris Mburu, Voltaire, Concepción Arenal, Che Guevara, Bob Hunter, Thomas Salk, Mahatma Gandhi, Eglantine Jebb, Bernard Kouchner, Emmanuel Jal, Oriol Mitjá, Vicente Ferrer, Emmeline Panhurst, Alexander Fleming, Clara Campoamor,  Hélder Cámara, Jacques Mabit ... pero hai motísimos máis.
Normas para facer o traballo
Data de entrega do traballo: 9 de marzo do 2016

martes, 2 de febreiro de 2016

Proxecto para unha Enciclopedia


Seguimos a traballar no noso proxecto sobre  xeografía de Europa e malía ter investigado moitísimo, tanto na rede como na biblioteca, faltanos organizar a información. Aínda que hai moitas cousiñas que cambiar, imos polo bo camiño PERO antes de facer unha presentación en Power Point de quitar o hipo, temos que mellorar o que escribimos.
Todos aqueles alumnos que teñan que repetir ou mellorar o seu traballo poden descargarse aquí o guión de como facer o traballo.
Boa Sorte e pensade que xa falta menos.
Data de entrega: 16 de Febreiro do 2016