luns, 19 de decembro de 2016

domingo, 18 de decembro de 2016

1ESO Antiga Grecia

Hai xa moitos séculos, na Hélade xurdiu unha civilización que sentaría as bases da nosa forma de entender a política e a organización do estado, onde inventaron palabras como democracia ou ekklesia, onde celebraron as primeiras Olimpiadas, onde crearon moitos dos mitos que coñecemos e onde esculpiron figuras de gran beleza ...

Pero se queredes saber moito máis sobre a Antiga Grecia e as súas construccións pinchade aquíse queredes soñar un pouco máis visitade  Museo da Acrópole ou o Santuario de Delfos e se queredes xogar ...

luns, 12 de decembro de 2016

Visita a Pontevedra

Praza da Ferrería, A Peregrina e Convento de San Francisco.
O mércores 14 de decembro imos ter a sorte de impartir as clases de Sociais e Galego fora das aulas polo que nós desprazaremos a Pontevedra, onde visitaremos parte do casco vello e o Museo Provincial. Para a visita é necesario que levedes un bolígrafo e papel para poder tomar nota das explicacións que se vos van dar tanto no museo como na visita pola cidade. 
E como esto é unha clase e xa sabedes "que todo o que se di na clase e subsceptible de ser preguntado nos exames" propoñemosvos facer un pequeno traballo. 


domingo, 11 de decembro de 2016

1ESO Imos ler

Ademáis de aprender moita Prehistoria e Historia Antiga en clase, este ano tamén imos aprender Historia por medio da lectura. Para iso ao longo deste trimestre deberedes ler algún destes libros:

   . Los ladrones del foro de C Lawrence
   . Heka. Un viaje mágico a Egipto de Nuria Pradas
   . Guardate de los idus de Lola Gándara
   . El clan de oso cavernario de J.M. Auel (libro para grandes lectores)
Unha vez que teñades lido calquera dos libros deberedes completar a seguinte ficha de lectura (descargaa aquí) e entregala a primeira semana de xaneiro. 

Se por un casual non atopades nen en librerías, nen en bibliotecas, nen na rede podedesmos pedir a min.
Gozade da lectura!!!

2ESO Imos Ler


Ademáis de aprender moita Historia Medieval en clase, este ano tamén imos aprender Historia por medio da lectura. Para iso ao longo deste trimestre deberedes ler:
   . Cruzada en vaqueros de Thea Beckham
   . Trilogía de los trípodes de J. Christopher
Unha vez que teñades lido calquera dos libros deberedes completar a seguinte ficha de lectura (descargaa aquí) e entregala a primeira semana de xaneiro. 
Se por un casual non atopades nen en librerías, nen en bibliotecas, nen na rede podedesmos pedir a min.
Gozade da lectura!!!

4ESO Imos ler

Ademáis de aprender moita Historia Moderna en clase, este ano tamén imos aprender Historia por medio da lectura. Para iso ao longo deste trimestre deberedes ler algún destes libros:
   . Diario de Praga de Peter Ginz
   . Maus de Art Spiegelman
   . Diario de Ana Frank
   . Cuando Hitler robó el conejo rosa de Judith Kerr
Unha vez que teñades lido calquera dos libros deberedes completar a seguinte ficha de lectura (descargaa aquí) e entregala a primeira semana de xaneiro. 
Se por un casual non atopades nen en librerías, nen en bibliotecas, nen na rede podedesmos pedir a min.


Gozade da lectura!!!

3ESO Imos ler ...


 Ademáis de aprender moita Historia Moderna en clase, este ano tamén imos aprender Historia por medio da lectura. Para iso ao longo deste trimestre deberedes ler algún destes dous libros:
   . El misterio de los Medici de Michael White onde a aparición duns restos sen identificar no mausoleo dos Medici en  San Lorenzo levan a antropóloga forense E. granger a investigar un dos grandes misterios do Renacemento italiano.
 . La joven de la perla de Tracy Chevalier onde partindo dun cadro de J. Vermeer a autora conta a historia de Griet, unha rapaza de 16 anos, que comeza a traballar na casa do famoso pintor.
Unha vez que teñades lido calquera dos dous libros deberedes completar a seguinte ficha de lectura (descargaa aquí) e entregala a primeira semana de xaneiro.
Se por un casual non atopades nen en librerías, nen en bibliotecas, nen na rede podedesmos pedir a min.

Gozade da lectura!!!

luns, 28 de novembro de 2016

4ESO A Revolución Industrial en 7 minutos


2ESO O Románico

Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela
para a súa visita virtual clica aquí


Tema 4: A Cultura e a Arte do Románico
   . Introdución páxs 92 e 93 do voso libro de texto.
  . Arquitectura Románica. Igrexas e Mosteiros apuntamentos e páxs 94 á 97 do voso libro.
   . Pintura Románica páxs 98 e 99  do voso libro.
   . Escultura Románica apuntamentos e páxs 100 e 101  do voso libro. 
   . O Románico na Península Ibérica páxs. 102 á 103 do voso libro.
   . O Románico en Galicia páxs 104 e 105 do voso libro.
   . O Camiño de Santiago páxs. 76 e 77.
   . Actividades páxs. 106 á 108.

Descarga de Apuntamentos: Aquí
Para consultar as imaxes comentadas en clase: Aquí

mércores, 23 de novembro de 2016

1ESO Os sabores da Antiga Babilonia


Usando como inspiración o listado de prantas que se cultivaban nos xardíns da Antiga Babilonia, os chefs do Museo Británico coa axuda de Irving Finkel, curator do Museo, elaboran unha verdadeira receita do pasado.

luns, 21 de novembro de 2016

4ESO Movemento Obreiro

Cales son as películas que mellor reflicten a loita de clases? 

O escriba sentado

Video
O escriba sentado é unha escultura de bulto redondo datada entre os anos 2480 aC e o 2350 aC. Elaborada en pedra caliza policromada con inscrustacións de rocha, cuarzo e ébano representa a un home sentado coas pernas cruzadas, cun papiro desplegado e un cálamo en actitude de escribir.
Representa, como o seu nome indica, a un escriba; é dicir, un funcionario coñecedor dos segredos da escritura, tanto demótica como xeroglífica, encargado de inscribir, clasificar, contabilizar e copiar as ordes do faraón.
Atopada na necrópolis de Saqqara en 1850 atópase na actualidade no Museo do Louvre en París.

xoves, 17 de novembro de 2016

4ESO Máquina de Vapor


A máquina de vapor é, sen dúbida, un dos inventos máis trascendentes da historia do ser humano; xa que en poucos anos conseguiu transformar non só a forma de traballar senon tamén os transportes, a organización social, financieira ...
Para descargarse apuntamentos sobre a Revolución Industrial: clica aquí

martes, 8 de novembro de 2016

1ESO Antigo Exipto

"Exipto é un don do Nilo"

Ala polo século V aC un afamado xeógrafo grego, Heródoto, afirmou que Exipto era un regalo do río Nilo e descubriu aos seus contemporáneos unha civilización chea de templos, pirámides, tumbas, momias e escarabellos.

1ESO As Sete Marabillas da Antigüidade: Babilonia

Os antigos gregos estableceron un ranking de lugares do mundo coñecido que segundo eles non deberíamos deixar de visitar. Un destes lugares era os Xardíns Colgantes de BabiloniaTrátabanse dunha serie de terrazas axardinadas construídas á beira do Eufrates no século VI aC durante o reinado de Nabucodonosor II. Durante séculos, os arqueólogos buscaron a localización destes xardíns que tanto fascinaran aos gregos nas cercanías da antiga cidade de Babilonia na Baixa Mesopotamia Sen embargo, recentes estudios da Universidade de Oxford (Inglaterra) sitúan estos xardíns en Nínive en vez de na cidade de Babilonia.
Veremos que segredos nos desvela a arqueoloxía.



xoves, 3 de novembro de 2016

2ESO A Europa Feudal

Tema 3: A Europa Feudal

Temario
   . Feudalismo e sociedade: páxs. 48 e 49.
   . A nobreza: páxs 50 á 55.
   . O clero: páxs 56, 57, 96 e 97.
   . Os non privilexiados: páxs. 58 á 61.

Ao longo do tema iremos facendo unha serie de actividades que nos sirven de repaso do tema e que vos podedes descargar aquí (lembra que este arquivo vaise ir modificando á medida que avancemos no tema).

Comentario guiado de texto que debes imprimir e entregar o día 2 de decembro. Descargao aquí.

O EXAME deste tema realizarédelo o 24 de Novembro do 2016



Minuto 2:15

domingo, 23 de outubro de 2016

1ESO Megalitos


Stonehedge é un cromlech de principios da Idade dos Metais situado cerca de Amesbury en Inglaterra. Está composto porunha serie de pedras organizadas en catro círculos concéntricos; situándose sobre algunhas delas outra rocha a modo de dintel.
Pouco sabemos sobre a súa función; pero excavacións recentes suxiren que Stonehedge formaría parte dun conxunto relixioso/ritual moito máis amplo.
Para saberes máisclica aquí

venres, 21 de outubro de 2016

2ESO Sociedade de Al-Andalus


Aquí tedes un pequeno debuxo que da boa conta dos grupos sociais que constituían a sociedade andalusí.
Cada un deles tiña as súas características propias e incluso vivían nunha parte ben diferenciada da cidade.
Sen embargo, lembrade que para o exame non chegan os debuxos e que é necesaria a explicación por medio das palabras das características da sociedade.

4ESO A Revolución Francesa



E agora pasamos aos grandes procesos de cambio do século XIX: a Revolución Francesa, as revolu-cións de 1830 e 1848 e a separación e unificación dalgúns países.
Pero ante todo é moi importante que teñades claro o seguinte vocabulario: Constitución Americana, Burguesía, Dereito Inalienable, Soberanía, Terceiro Estado, Estados Xerais, Asamblea Nacional, Constitución, Gran Medo, Monarquía Constitucional, Asamblea Constituínte, Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, Constitución de 1791, Asamble Lexislativa, sufraxio universal, sufraxio censitario, Garda Nacional, Desamortización, Fuga de Varennes, Sans-cullottes, xirondinos, xacobinos, Convención Nacional, Constitución de 1793, Comité de Salvación Pública, O Terro, soberanía popular, Constitución francesa de 1795, Directorio, Consulado, Batalla de Austerlitz, Batalla de Waterloo, Congreso de Viena, Restauración, Sta. Alianza, liberalismo, nacionalismo, nación, democracia e zolverein.

Descarga de Apuntamentos, dúbidas e demáis na Plataforma Edmodo

venres, 14 de outubro de 2016

3ESO O Renacemento

David de Miguel Anxo
Academia de Florencia


Aquí tedes os enlaces que vos van permitir estudar mellor este tema:
   .  Banco de Imaxes
   . Apuntamentos

mércores, 12 de outubro de 2016


Hoxe fai 524 anos que Cristóbal Colon chegaba as Indias navegando cara o oeste. Sen embargo, el nunca soubo que  as terras as que chegara eran un novo continente.

martes, 11 de outubro de 2016

2ESO O islam e a súa expansión


1ESO Paleolítico versus Neolítico



Aquí vos deixo un esquema co que facilmente poderedes analizar as diferenzas que existen entre o Paleolítico e o Neolítico.

1ESO Venus Paleolíticas

Reproducción feita pola Familia Llovo

As venus paleolíticas son pequenas figuras talladas en óso, hasta, marfil, pedra ou terracota que representan unha figura de muller de rostro imperciso e cunha forte esaxeración das partes do corpo relacionad coa maternidade. É por iso que os historiadores e arqueólogos cren que debía formar parte dalgún culto á fertilidade.  

luns, 10 de outubro de 2016

3ESO O Renacemento

O nacemento de Venus de Botticelli



Empezamos xa cun novo tema O Renacemento. Preparádevos para gozar ao máximo da arte deste período, para deslumbrarvos coa obra de Miguel Anxo ou Leonardo e para aprender un montón de cousas novas.
Para descargar apuntamentos clica aquí
Para aprender a facer un comentario de Arte: Clica Aquí
Para descargar imaxenes optativas:
   . Arquitectura
   . Escultura
 . Pintura

sábado, 8 de outubro de 2016

4ESO Comentario de Texto. Tratado de Utrecht


Como para aprender a facer comentarios históricos o mellor é facelos, imos comezar da mellor maneira posible: comentando o Tratado de Utrecht.
O primeiro que debedes facer é ler o texto do tratado (que podes descargar aquí) todas as veces que sexa necesario e despois suliñar no texto aquelas partes que consideres máis importantes.
Despois, seguindo o esquema de comentario de texto histórico que te podes descargar aqui, tes que facer:
   . unha Clasificación do texto
   . unha Análise do texto
   . e un comentario no que relaciones o texto co período histórico do que se fala no mesmo. 
Este vai ser o voso primeiro comentario sen nengunha guía pero é moi importante que procuredes esforzarvos ao máximo á hora de facelo dada a importancia que van ter este tipo de exercicios no voso futuro.

Data de entrega do Comentario: 19 Outubro 2016

mércores, 5 de outubro de 2016

1ESO Documental


Se queredes mellorar os vosos coñecementos sobre os primeiros homínidos ao departamento de Xeografía e Historia gustaríanos recomendarvos o visionado deste documental no que nos explican dun xeito sinxelo a evolución dos ser humano desde os primeiros homínidos ata o home actual. Unha vez que teñades visto o documental podedes completar a seguinte ficha que vos podedes descargar aquí.
Xa que o mércores 12 de outubro non imos ter clase debédelo aproveitar para ver este documental no que nos contan a evolución do ser humano dun xeito moi entretido.
A data de entrega do traballo será o  17 de Outubro do 2016

martes, 4 de outubro de 2016

2ESO Arte Bizantino

Representación de Cristo, o Emperador Xustiniano e Zoe.
A arquitectura bizantina caracterízase pola decoración en mosaico. Aquí tedes un bo exemplo dun deses mosaicos procedente de Santa Sofia de Estambul.
Pero se queredes seguir gozando de exemplos de arte bizantina non deixedes de visitar, aínda que sexa de forma virtual:

1ESO O clan do oso cavernario




Un terremoto destrúe o campamento no que vivía Ayla, unha cría de Cromagnon de cinco anos. Está soa e indefensa ata que atopa ao Clan do Osos Cavernario, formado por homes de Neanderthal ........

sábado, 1 de outubro de 2016

Voto feminino


Hoxe fai 85 anos  que as mulleres obtiveron o dereito ao voto en España. E foi unha muller, Clara Campoamor, a encargada de defendelo. Aqui tes un enlace ao texto íntegro do seu discurso fronte as Cortes e se queres saber máis xa sabes clica aquí.


Gaudete romani! Hodie incipit mensis october!
Hoxe comeza Outubro, chamado así por ser o oitavo mes do calendario romano

luns, 26 de setembro de 2016

1ESO A Prehistoria

Empezamos coa Prehistoria, a etapa da Historia que vai desde a aparición do xénero homo ata a invención da escritura:

Os apuntamentos e imaxes que necesitades imprimir son:
Aqui tedes unha chea de enlaces interesantes:

mércores, 21 de setembro de 2016

4ESO O século XVIII

Aqui tedes algunhas claves que vos poden axudar no estudo deste primeiro tema:

Vocabulario básico do tema: Antigo Réxime, terra vinculada, Rexime señorial, Décimo, Estamento, Monarquía absoluta, Terceiro Estado, Gremio, Manufactura, Habeas Corpus, Bill of Rights, Revolta do té, Constitución Americana de 1787, Deísta, Despotismo ilustrado, Mercantilismo, Fisiocracia, Liberalismo económico, Soberanía nacional, Enciclopedia, Guerra de Sucesión, Decretos de Nueva Planta, Tratado de Utrecht e Foro (en Galicia).

Os Borbóns: Árbore xenealóxico 
O Rococó: Apuntamentos e obras máis destacadas.
O Neoclásico: Apuntamentos e obras máis destacadas.



martes, 20 de setembro de 2016

1ESO Benvidos á HISTORIA

Ides empezar a partir da semana que ven unha das viaxes máis apaixoantes que poidades imaxinar. Nela visitaremos lugares lonxanos, veremos palacios, tumbas e pinturas espectaculares e gozaremos de saber quen foron os nosos ancestros, como vivían, que comían, en que creían ...
BENVIDOS Á HISTORIA!!!

luns, 19 de setembro de 2016

NORMAS PARA PRESENTAR UN TRABALLO

Estas son as normas que debedes seguir para entregar un traballo:
  • Os traballos deben entregarse en folios brancos escritos por unha soa carilla. No caso de ser un traballo escrito a man non nos debemos esquecer de por unha plantilla por debaixo do folio para evitar torcernos.
  • Todas as páxinas do traballo terán o mesmo tamaño e cor a excepción da portada e a contraportada que poderá ser ou ben doutra cor ou ben un pouco máis grande.
  • Na portada aparecerán todos os datos necesarios: titulo do traballo en letras destacadas, autor ou autores do traballo, materia e curso.
  • Tes que deixar marxe e encabezamento: xeralmente 4 cm para o encabezamento, uns 3 cm para a marxe esquerda e 1 cm para a marxe dereita.
  • Todo traballo debe constar de Índice, paxinación e Bibliografía.
  • No caso de tratarse dun traballo escrito a man debes escribir en bolígrafo azul ou negro e cuidar a túa letra de tal xeito que sexa clara, fácil de entender e sen tachóns.

xoves, 15 de setembro de 2016

Five years is a lifetime



Nun par de días xa estamos de volta para dar o mellor de nós mesmos. Comezamos un novo curso cheo de novidades: novas materias, libros novos, unha chea de ganas de aprender ....
Pero para comezar imos ver o que necesitamos:

Ciencias Sociais 6º Primaria:
     * Caderno grande cuadriculado grapado.
     * Caderno pequeno cuadriculado grapado.
     * Lapis, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul ou negro.
     * Folios
     * 2 mapas mudos físicos do Mundo.
     * 2 mapas mudos físicos de Europa
     * 2 mapas mudos físicos da Península Ibérica

Ciencias Sociais 1ºESO:
     * Correo electrónico en uso.
     * Rexistro na aplicación de http://vicensvivesdigital.com (tedes toda a información para o rexistro
        na última páxina do voso libro de texto)
    * Caderno grande cuadriculado grapado.
     * Caderno pequeno cuadriculado grapado.
     * Lapis, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul ou negro.
     * Folios
     * 2 mapas mudos físicos de Europa
     * 2 mapas mudos físicos da Península Ibérica
     * 2 mapas mudos físicos do Mundo.

Ciencias Sociais 2ºESO
    * Correo electrónico en uso.
    * Rexistro na aplicación de http://vicensvivesdigital.com (tedes toda a información para o rexistro
       na última páxina do voso libro de texto)
    * Caderno grande cuadriculado grapado.
     * Folios

    * Lapis, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul ou negro.

Ciencias Sociais 3ºESO:
    * Correo electrónico en uso.
    * Rexistro na aplicación de http://vicensvivesdigital.com (tedes toda a información para o rexistro
       na última páxina do voso libro de texto)
    * Caderno grande cuadriculado grapado.
     * Folios
    * Lapis, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul ou negro.

Ciencias Sociais 4ºESO
  * Correo electrónico en uso.
    * Rexistro na aplicación de http://vicensvivesdigital.com (tedes toda a información para o rexistro
       na última páxina do voso libro de texto)
    * Caderno grande cuadriculado grapado.
     * Folios
    * Lapis, goma, bolígrafo vermello e bolígrafo azul ou negro.

luns, 20 de xuño de 2016

Traballo para o Verán 2016


Aqueles alumnos que teñan que volver a examinarse en setembro deberán realizar o traballo que se indica nos seguintes enlaces:

O resto dos alumnos teñen a obriga de ler e entregar unha ficha de lectura entre as lecturas propostas no seguinte enlace:
. Listado de Libros
. Ficha de lectura

venres, 15 de abril de 2016

3ESO Irish Week

Luns 17 Abril 2016
Da páxina 218 do teu libro de texto fai o exercicio Aprende a ... e da páxina 220 o exercicio 4.
Martes 18 Abril 2016
Lee as páxinas 224 e 225 do voso libro de texto e despois contesta as actividades do 1 ao 7.

Venres 22 Abril 2016
Fai os exercicios de síntese da páxina 261 do teu libro de texto.

mércores, 13 de abril de 2016

1ESO Irish Week

Santuario de Zeus en Olimpia
Luns 18 de Abril do 2016: Da páxina 214 e 215 do teu libro de texto realiza os exercicios 1, 3 e 4.

Martes 19  de Abril do 2016: Coa axuda da información que hai nas páxinas 264 e 265 contesta as actividades 2 e 3 da páxina 277-

Mércores 20 de Abril do 2016: Lee as páxinas 262 e 263 do teu libro de texto e despois contesta ás seguintes preguntas:
1. Que é a paz ou tregua olímpica?
2. Que condición había que cumplir para poder participar nos xogos?
3. Como se chamaban os xogos femininos e onde se celebraban?
4. Que probas tiñan lugar no ximnasio? e no estadio? e na palestra?
5. Que se gardaba no pritaneo?
6. Cal era premio que recibían os atletas gañadores?
Descargar Traballo

Aqui tedes o traballo sobre a película Diverxente. Lembra que debes facelo seguindo as normas para a presentación dun traballo e entregalo o día 4 de maio do 2016.

martes, 12 de abril de 2016

SOMOS MINISTÉRICOS

O ministerio do tempo é unha serie de RTVE que narra as aventuras de Julián, un enfermeiro do SAMUR, Amelia Folch, a primeira muller universitaria en 1880 e Alonso de Entrerríos, un soldado dos Terzos de Flandres. Os tres traballan para o Ministerio de Tempo, unha institución do goberno super secreta que ten como función detectar e impedir que calquer intruso do pasado chegue ao noso presente e cambie a Historia no seu beneficio. É dicir, os tres deben viaxar ao longo da Historia de España para evitar que cambie a nosa Historia.

martes, 15 de marzo de 2016

Idus de Marzo

Xulio César


Hoxe fai 2060 anos que morría asasinado en Roma o político, militar e escritor romano Xulio César.
Odiado polos pobos que conquistou e por moitos estudantes de latín e, sen dúbida, unha das personaxes históricas que máis fascinación ten causado.

S.T.T.L. 

venres, 11 de marzo de 2016