martes, 27 de outubro de 2015

Un mundo en miniatura

Aínda que algúns destes datos poden ter cambiado creo que este vídeo vainos facer reflexionar.
Se puidesemos reducir a poboación mundial a unha pequena aldea de 100 peroas mantendo as proporcións sería así ...

domingo, 25 de outubro de 2015

Coñecedes ben a vosa cidade?

Hoxe imos recordar un vídeo publicado neste blog por primeira vez hai xa tres anos onde nos lembran o bela que puido ser a nosa cidade se tivesemos sido un pouco máis cuidadosos. Recoñecedes os lugares?

martes, 20 de outubro de 2015

O pequeno salvaxe

Despois de ver a película O pequeno salvaxe do director francés F. Truffaut inspirada na historia de Víctor de Aveyron, un neno abandonado nos bosques sendo pequeno ao redor de 1870 imos facer un pequeno traballo que vos podedes descargar aqui.

martes, 13 de outubro de 2015

Guerra en Siria


Moitos vos preguntades polo porque da guerra en Siria e a crise de refuxiados. Nada mellor que este video de 10 minutos para entender algo mellor o que está a pasar.