martes, 18 de decembro de 2012

Proxecto de 6º de Primaria


Estamos moi orgullosos dos nosos alumnos de 6ª de Primaria xa que despois de realizar un importante traballo de investigación durante semanas, elaboraron o primeiro capítulo do seu libro de texto sobre os exipcios e agora van a ser eles os seus propios profesores.
Para ter unha copia do libro: Pincha aqui
Para ver as imaxes do Antigo Exipto: Pincha aqui


En breve colgaremos imaxes dos nosos alumnos exercendo de profesores!!!

venres, 19 de outubro de 2012

A sociedade feudal


Aqui tedes un dos mellores resumos que se poden facer da sociedade estamental característica da Idade Media. Mandareivola por correo para que a teñades.

luns, 24 de setembro de 2012

Rotación e Translación

Que mellor que ver un video para entender un pouco mellor os movementos de rotación e translación do noso planeta

sábado, 8 de setembro de 2012

xoves, 6 de setembro de 2012

De como a escola pode cambiar a vida de alguén

Había unha vez unha mestra sueca chamada Hilde Back que decidiu sacar 12 euros ao mes do seu soldo para pagar así a escola dun neno de Kenia ao que non coñecía. A cantidade non era moita pero permitiu a Chris Mburu convertirse no mellor da súa clase e chegar á universidade.
O tempo pasou e aquela mestra perdeu o contacto co neno ... esquecese del, xubilouse e iniciou unha vida tranquila na súa Suecia natal.
Mentres aquel neno continuou estudando, conseguiu unha bolsa para Harvard, unha das universidades máis prestixiosas do mundo e co tempo comezou a traballar nas Nacións Unidas. Foi entón cando Chris decidiu cambiar o futuro de moitos nenos de Kenia creando unha fundación que pagaría os seus estudos e a que lle puxo o nome daquela mestra sueca que lle pagara os seus. Pero tamen foi o momento no que decidiu buscar a aquela muller para darlle as gracias por aquel pequeno xesto que cambiou a súa vida para sempre.
Se queredes saber máis sobre esta historia ...

martes, 7 de febreiro de 2012

Roma nevada

Non sei se sabedes que unha das miñas cidades favoritas é Roma ... e nevada ...

se queredes ver algunha foto máis Pinchade Aquí