xoves, 22 de xuño de 2017

Traballo para o Verán 2017

Aqueles alumnos que teñan que volver a examinarse da materia de Ciencias Sociais en setembro deberán realizar o traballo que se indica nos seguintes enlaces:

   . 1ESO            . 1ESO RE      
   . MP 1ESO     . 2ESO
   . 2ESO RE      . 2ESO ACI
   . MP 2ESO      . MP Cidad.
   . 3ESO             . 3ESO RE
   . 3ESO ACI     . MP 3ESO 
   . 4ESO             . 4ESO RE
           
   Para o resto recoméndovos un bo descanso e algo de lectura desta selección clica aquí
Saúde e Terra

luns, 12 de xuño de 2017

luns, 5 de xuño de 2017

Por unha vez vouvolo dicir cantando


Así é como nos sentimos os profesores a estas alturas do curso.

4ESO Examen Final 2016/2017

Para o EXAME FINAL do día 14/Xuño/2017 estos son os temas que vos entran e algúns enlaces  moi interesantes á hora de preparar a materia:


1ª Avaliación
Tema 1: O século XVIII
Tema 3: A Revolución Industrial

2ª Avaliación
Tema 4: A España do século XIX
Tema 5: O Imperialismo

3ª Avaliación
Tema 7: O período de entreguerras

3ESO Exame Final 2016/2017

Para o EXAME FINAL do día 16/Xuño/2017 estos son os temas que vos entran e algúns enlaces  moi interesantes á hora de preparar a materia:

1ª Avaliación
Tema 2: O Renacemento
Tema 3: A época dos grandes descubrimentos xeográficos.

2ª Avaliación
Tema 4: O auxe dos Austrias
Tema 5: A decadencia do Imperio dos Austrias

3ª Avaliación
Tema 7: O Barroco
Tema 9: A organización económica das sociedades

2 ESO Exame Final 2016/2017

EXAME FINAL: 14/Xuño/2017 É obrigatorio presentarse a este exame se algunha das avaliacións anteriores están suspensas. O contido de cada avaliación pode consultarse nos seguintes enlaces:

1ª Avaliación
Tema 1: A fragmentación do mundo Antigo
Tema 2: Al-Andalus

2ª Avaliación

3ª Avaliación
Tema 7: Os habitantes do planeta
Tema 8: A poboación de España

1ESO Exame Final 2016/2017

Para o EXAME FINAL do 19/Xuño/2017 aquí tedes a lista de contidos que hai que estudar e os seus correspondentes enlaces:


1º Avaliación
Tema 1: Que é a Historia? Apuntamentos
Tema 2: A PreHistoria. Páxs 155-177 e Apuntamentos Arte Prehistórico
Tema 3: Mesopotamia e Exipto. Páxs, 176-197 e Apuntamentos Arte Exipcia

2ª Avaliación
Tema 4: A Antiga Grecia. Páxs199-217 e Apuntamentos
Tema 5: Relixión e Arte Grega. Apuntamentos
Tema 6: A Antiga Roma. Páxs 237-245 e Apuntamentos

3ª Avaliación
Tema 6: A Roma Imperial. Páxs 244-253 e Apuntamentos
Tema 7: Cultura e Arte Romana. Apuntamentos
Tema 8: O planeta Terra. Páxs 2 a 18

luns, 29 de maio de 2017

1ESO Práctica de Coordenadas Xeográficas




Antes de facer as prácticas propostas creo que deberiades repasar un pouco algúns conceptos como son: paralelo, meridiano, Ecuador, círculo polar, trópicos ...

Fixar conceptos como: lonxitude e latitude para despois imprimir a práctica e indicar as coordenadas xeográficas das cidades marcadas en vermello






Para Imprimir as prácticas voluntarias e para repasar a lección online Exercicios Novo Cabo Fisterra

Consulta o Oráculo de Delfos?

De cara aos finais tal vez deberíades facer como os antigos Grecios e consultar ao famoso Oráculo de Delfos para saberes que é o que vos vai departir o futuro.
Como todo, o oráculo tense modernizado e agora podedes facerlle a pregunta que queirades a través de internet: clica aquí para coñecer o teu futuro. Eso sí as respostas da Pitonisa continúan a ser crípticas e enigmáticas ...
PD: Desde este blog non nos facemos cargo das consecuencias das interpretación equivocadas das palabras da Pitonisa.


martes, 23 de maio de 2017

4ESO Calendario de Exames Finais 2017


Xa queda pouco para acabares pero aínda así temos que seguir prestando atención aos contidos de Sociais. Quedanos un último esforzo que nos permita superar a materia. Lembrade que nos escaso mes que nos queda imos ter que facer:
. Exame 31 Maio: Hai que estudar o tema da Guerra Civil e o Franquismo.
. Presentación de Traballos sobre a arte do século XIX e XX: Ao longo das semanas de xuño teredes que ir presentando os traballos sobre os distintos estilos artísticos que se desenvolveron en Europa ao longo do séculos XIX e XX. É moi importante que vos esforcedes posto que o traballo e maila a exposición constitúen dúas nota independentes.
. Exame 14 Xuño: Tratarase dun exame final no que aqueles alumnos que teñan suspensa algunha avaliación terán unha nova oportunidade para recuperar a materia mentres que aqueles alumnos que teñan aprobada a materia simplemente terán que facer un exercicio axudados co libro e os apuntamentos do curso.
Se vos serve de consuelo todo o traballo que vós tedes que facer a min tocame logo corrixilo.
Ánimo e Sorte

3ESO Piramide de Marslow


A. Maslow foi un psicólogo estadounidense que estableceu unha xerarquía de necesidades segundo a cual o ser humano non podería pasar ao chanzo seguinte se non ten aseguradas as necesidades do chanzo anterior.

luns, 22 de maio de 2017

3ESO Calendario de Exames Finais 2017


Estamos a punto de rematar este curso 2016-2017 pero aínda nos queda un último esforzo en forma de exames e traballos varios. É importante que vos organicedes e non deixedes todo para o final; é por iso que vos resumo nesta entrada o que nos queda por facer na materia de Ciencias Sociais:
 . Presentación de traballos do Barroco: Ao longo das próximas semanas teredes que ir presentando os traballos sobre as distintas obras de arte barroca. ë moi importante que vos esforcedes posto que o traballo e maila a exposición constitúen dúas nota independentes.
. Exame do 5 Xuño: hai que estudar os 4 primeiros puntos do Tema 2: A organización económica das sociedades. Estes contidos iranse explicando en clase nas próximas dúas semanas e se clicades aqui poderedevos descarregar as preguntas do tema.
. Exame do 16 de Xuño: Tratarase dun exame final no que aqueles alumnos que teñan suspensa algunha avaliación terán unha nova oportunidade para recuperar a materia mentres que aqueles alumnos que teñan aprobada a materia simplemente terán que facer un exercicio axudados co libro e os apuntamentos do curso.
Finalmente, decirvos, se vos serve de consuelo, que eu tamen estou estresada posto que todo o que vos queda por facer é traballo que me queda a min para corrixir.
Alea jacta est!

1 ESO O planeta Terra


Aqui tedes un pequeno video que nos mostra non so a nosa galaxia senon tamen outras galaxias coñecidas.

Preguntas sobre o Tema: Clica Aquí

mércores, 10 de maio de 2017

4ESO España no século XX

Tema 9: España no século XX 1902-1978

 . España entre 1902-1907 (páxs 188-189)
. A ditadura de Primo de Rivera (páxs. 190-191)
. A II República Española (páxs. 192-193)
. O Bienio Reformista 1931-1933 (páxs. 194-195)
. O Bienio Conservador 1933-1935 (páx 198)
. A Fronte Popular (1935-1936) (páx 199)
. A Guerra Civil 1936-1939 (páxs. 200-205)
. Bases do Franquismo 1939-1975 (páxs 276-277)
. A posguerra 1939-1959 (páxs. 278-279)
. O desenvolvemento económico 1959-1975 (páxs 280-281)

 Vocabulario do Tema: Clica Aquí 
Preguntas sobre o tema: Clica Aquí

EXAME DO TEMA:  31 Xuño 2017

Hastings 2017

Thank you for your time

luns, 1 de maio de 2017

4ESO British Week



Na miña ausencia, o proxecto que vos propoño é a realización dunha pequena investigación sobre algúns dos máis importantes estilos artísticos desde o século XVIII ata o século XX. Cada un de vós ten asignado un estilo  (ver Edmodo) sobre o que deberedes buscar información para sinalar as súas características e despois comentar algunha das súas obras máis destacables.
O traballo contará de dúas partes: unha escrita que se entregará segúndo os criterios de presentación sinalados no blog da materia e outra oral que se exporá na aula no mes de xuño.
Aquí tedes un listado de materiais que vos poden axudar a na elaboración do traballo: os apuntamentos de arte barroca de Edmodo, o voso libro de texto, a wikipedia ...


3ESO British Week


Na miña ausencia, o proxecto que vos propoño é a realización dunha pequena investigación sobre algunha das máis importantes obras de arte barroca. Cada un de vós ten asignada unha obra (ver Edmodo) sobre a que deberedes buscar información e na que deberedes identificar as principais características do barroco.
O traballo contará de dúas partes: unha escrita que se entregará segúndo os criterios de presentación sinalados no blog da materia e outra oral que se exporá na aula nas datas sinbaladas.
Aquí tedes un listado de materiais que vos poden axudar a na elaboración do traballo: os apuntamentos de arte barroca de Edmodo, o voso libro de texto, a wikipedia ...


2ESO British Week


Durante a semana do 1 ao 7 de maio os alumnos realizarán durante as horas de clase o caderno de demografía que se pode descargar ao final deste post. A entrega de dito traballo é obrigatorio e deberase realizar o día 12 de maio.

1ESO British Week

Para poder empezar a traballar cos ordenadores ABALAR o primeiro que tedes que facer é ter paciencia e seguir as seguintes instruccións:
1. Unha vez encendido o ordenador, descarga o seguinte arquivo ABALAR-Arte Grega e gravao no escritorio do ordenador.
2. Logo debes ir á carpeta de programas e abrir un programa chamado Xournal, que os permite convertir o ordenador nunha especie de tablet sobre a que se pode escribir.
3. Despois dentro do Xournal, ir a pestana file/arquivo e clicar en Annotate PDF e buscar no escritorio o arquivo que descargaches antes ABALAR-Arte Grega.
4. Empezar a completar as actividades propostas utilizando as ferramentas de escritura que vos ofrece o Xournal.
5. Como nunha clase non vos vai dar tempo a rematar o traballo é MOI IMPORTANTE que gravedes o que levades feito. Para eso, hai que ir a pestan file/arquivo e clicar en save as/gardar como e porlle ao arquivo o voso nome e aseguradevos que o gardades no escritorio.
6. Cando acabedes o traballo tedes que mandarmo feito ao seguinte mail noemisociais@gmail.com

martes, 25 de abril de 2017

Grandola Vila Morena


... contan os maiores que un 25 de Abril os militares portugueses deciciron derrocar a ditadura sen disparar nen unha soa arma ...

luns, 24 de abril de 2017

3ESO A organización política das sociedades

Empezamos hoxe cun tema, que aínda que hoxe parece moi lonxe, vai estar presente sempre nas vosas vidas. Lembrade que a soberanía reside nos cidadáns e que somos nós os que decidimos o noso futuro mediante o voto.

venres, 21 de abril de 2017

4ESO O antisemitismo

Unha das bases ideolóxicas do nazismo foi a persecución e exterminio de calquera minoria, disminuidos físicos ou psíquicos así como tamen socialistas, comunistas e demócratas. Pero, sen dúbida, unha das minorías máis afectadas foi a xudía que perdeu máis de 6.000.000 de individuos. Aqui tedes unha serie de testimonios de xudeus que sufriron as persecucións.

Parabéns Roma


Parabens Roma no teu 2770 aniversario!

luns, 17 de abril de 2017

1ESO O monte Testaccio


O Testaccio é un outeiro de 35 metros de altura situado en Roma formado polos restos de ánforas de transporte que chegaron á cidade entre os séculos I e III d.C. Curiosamente a gran maioría das ánforas proviñan da Bética, no sur de Hispania, de onde traían: aceite, olivas, cereais, viño, peixe e garum, a famosísima salsa romana.

Hoxe en día, escavar no Testaccio é un dos soños de calquera arqueólogo xa que as ánforas que configuran este outeiro aportan unha información valiosísima non só sobre o que comían os romanos senon tamén sobre o comercio alto-imperial.

venres, 7 de abril de 2017

Costumes moi romanos

O último día de clase tivemos a sorte de facer un obradoiro de sabores romanos nas Salinae da Rúa Rosalía de Castro. Foi unha experiencia única na que aprendimos como se interpreta unha excavación, como se lavaban os romanos, bebimos pusca, a bebida dos lexionarios, e probamos o famosísimo garum, a salsa de moda no Imperio Romano.
Deixamosvós aquí algunha das fotos de tan interesante actividade ...

Analizando un craneo

Aprendendo a limparnos cun strigilum

Experimentando sabores ben romanos

mércores, 5 de abril de 2017

4ESO Temario 3ª Avaliación

Aquí tedes os temas e as datas de probas e entrega de traballos desta 3ª Avaliación:

  . Exame de Recuperación da 2ª Av: 21/Abril/2017
  . Tema 8: O período de entreguerras. Exame: 28/Abril/2017
  . English Week (1 ao 7 de Abril): Realización do Caderno      de Arte. Entrega: 12/Maio/2017
 . Tema 9: Principios do séc XX en España. Exame:        31/Maio/2017
  . Tema 10: II Guerra Mundial. Exame: 14/Xuño/2017

EXAME FINAL: 14/Xuño/2017 É obrigatorio presentarse a este exame se algunha das avaliacións anteriores están suspensas. O contido de cada avaliación pode consultarse nos seguintes enlaces:
   1ª Avaliación: Clica Aquí
   2ª Avaliación: Clica Aquí
   3ª Avaliación: Clica Aquí 

martes, 4 de abril de 2017

Lecturas para unha Semana Santa


Xa que estas vacacións son moi curtas e logo non deixades de protestar vouvos propor unha serie de lecturas voluntarias. Aqueles alumnos que o desexen poden escoller un dos moitos libros desta lista, gozar da súa lectura, facer unha pequena ficha e despois entregarma (prometo tela en conta).
Aquí vai a miña proposta:

Sobre Prehistoria:
El clan del oso cavernario de J.M. Auel 

Hª Antiga:
. Ladrones en el foro de Caroline Lawrence (Roma)
. Los secretos del Vesubio de Caroline Lawrence (Roma)
. Los piratas de Pompeya de Caroline Lawrence (Roma)
. Asesinos en Roma de Caroline Lawrence (Roma)
. Los delfines de Laurentium de Caroline Lawrence (Roma)
. Los enemigos de Júpiter de Caroline Lawrence (Roma)
. Los gladiadores de Capua de Caroline Lawrence (Roma)
. El coloso de Rodas de Caroline Lawrence (Roma)
. El fugitivo de Corinto  de Caroline Lawrence (Roma)
. Las sirenas de Sorrento de Caroline Lawrence (Roma)
. El auriga de Delfos de Caroline Lawrence (Roma)

. Heka. Un viaje mágico a Egipto de Núria Pradas (Antigo Exipto)

Guárdate de los Idus de Lola Gándara (Roma)
A escura luz do Tíber de Lola Gándara (Roma)
. Los guardianes de la luz de R. Sutcliff (Roma)
. Aventuras de Percy Jacson de Rick Jiordan (mitoloxía)
.  Aventuras de Marco Didio Falco L. Davis (Roma)
. Yo Claudio de Robert Graves (Roma)

Sobre a Idade Media
. Cruzada en Jeans de Thea Beckman

Sobre Idade Moderna
. La joven de la perla de Tracey Chevalier
. El secreto de los Medici de M. White

Sobre Idade Contemporánea
. Los muchachos de Dublin de Jean-Claude Alain (Sobre a independencia de Irlanda)
. La Guillotina de Simone Van de Vlug (Sobre a Revolución Francesa)
. La Huida de Kathryn Lasky (Sobre a Rusia de finais do s. XIX)
. Cuando Hitler robó el conejo rosa de Judith Kerr (II Guerra Mundial)
. En la Batalla de Inglaterra de Judith Kerr (II Guerra Mundial)
. La calle Andersen de Sofia Rhei & Marian Womack (Revolución Industrial)

Sobre Antropoloxía
. El antropólogo inocente de Nigel Barley

Sobre África
. Océano África de Xavier Aldekoa (Historias sobre África)
. Hijos del ancho mundo de Abraham Verghese (novela)
. Una merienda de negros de Evelyn Waugh (Historias sobre África)
. Gente remota de Evelyn Waugh (Historias sobre África)
. Ébano de Ryszard Kapuscinski (Historias sobre África)

Ciencias Ficción
. La trilogía de los Trípodes de J. Carpenter
. Triloxía Diverxente de Verónica Roth
. Los juegos del Hambre de Suzanne Collins 
. Un mundo feliz de Aldous Huxley

Comics
. Colección Asterix e Obelix de Goscini e Uderzo
. El contrato con Dios de Wil Eisner
. Maus de Arch Spielgman

Varios temas
Ganesh de Malcolm J. Bosse (novela sobre un adolescente criado na India)
.  Los filibusteros del uranio de André Massepain
. El tío Oswald de Roald Dahl (contos cómica)
. Chicas de Riad de Rajaa Alsanea (novela autobiográfica sobre a vida en Arabia Saudí)


Para descargar a lista: Clica Aquí
Para descargar a ficha de lectura: Clica Aquí 

Visita dunha domina romana

Convidada polos alumnos de 3º de Primaria a domina Alma Caecilia deixou a tranquilidade da súa casa en Herculano para visitar o colexio e explicarlle aos alumnos como era a súa vida e maila a dos seus fillos.
Aquí tedes algunha das fotos do evento:


luns, 3 de abril de 2017

4ESO O nazismo explicado grazas ao LEGO


Un amante dos LEGO decidiu explicar o nazismo ... e esto foi o que saiu.

1ESO Mitoloxía Clásica



1ESO Relixión, cultura e arte romana


Relixión, cultura e arte na Antiga Roma
Comezamos hoxe un dos meus temas favoritos onde espero que vós gocedes tanto como o fago eu cada vez que leo, explico ou busco materiais para ilustrar as clases.

O programa de estudo é o seguinte:
   . Relixión Romana (apuntamentos)
   . Arte Romana (apuntamentos)
         . Arquitectura 
         . Pintura
         . Escultura
         . Mosaico
   . Civilización romana (libro de texto)

Tamén debedes aproveitar a semana do 1 ao 7 de Abril para facer un pequeno traballo de investigación invidual que deberedes entregar o 12/Abril/2017; ademais, o 12/Abril/2017 tamén será o exame do tema.

Descarga de Apuntamentos: Clica Aquí
Imaxes que imos ver en clase: Clica Aquí

1ESO Un adolescente romano


xoves, 30 de marzo de 2017

1ESO Temario 3ª Avaliación

Aquí tedes os temas e as datas dos traballos da 3ª Avaliación:
   . Recuperación da 2ª Avaliación: 5/Abril/2017
   . Tema 6b: A Roma Imperial. Ex: 24/Abril/2017
   . English Week (1 ao 7 Maio): Caderno de Arte Romano.     Data de entrega: 12/Maio/2017
   . Tema 7: Cultura e arte romana.  12/Maio/2017
   . Tema 8: A representación da Terra. 31/Maio/2017
   . Tema 9: Xeografía Física. 19/Xuño/2017

EXAME FINAL: 19/Xuño/2017 É obrigatorio presentarse a este exame se algunha das avaliacións anteriores están suspensas. O contido de cada avaliación pode consultarse nos seguintes enlaces:
   1ª Avaliación: Clica Aquí
   2ª Avaliación: Clica Aquí
   3ª Avaliación: Clica Aquí 
   

3ESO O Barroco

O estudo da arte barroca vai ser un proxecto a longo prazo: traballarémolo durante toda a avaliación e seredes vós protagonistas da vosa aprendizaxe. A primeira parte do tema serei eu a que vós explique as características xerais desta nova arte e despois ides ser vós os que vos convirtades en profesores de arte por un día.
O calendario de traballo é o seguinte:
Explicacións: 31/Marzo, 3/Abril, 4/Abril e 5/Abril
Traballo na Aula: Semana do 1 ao 5 de Maio
Entrega do Caderno do Barroco: 12/Maio/2017
Exposicións: 19/Maio, 26/Maio, 6/Xuño, 9/Xuño, 12/Xuño, 13/Xuño, 19/Xuño e 20/Xuño


Apuntamentos sobre o Barroco: Clica Aquí
Caderno do Barroco: Clica Aqui
Listado de Exposicións: Clica Aquí